A galería de arte[1] é un espazo arquitectónico que exhibe e comercializa obras de arte. Os espazos defínense para proporcionar seguridade e unha correcta apreciación dos obxectos expostos, tendo en conta a posición, a iluminación e a posibilidade de distancia e movemento do espectador. Estes espazos están destinados á pintura, escultura, instalacións e todas as formas de expresión das artes plásticas.
Relación cos museos
As galerías de arte poden formar parte dos museos de arte como un dos seus equipamentos ou departamentos, e ademais, con independencia das institucións, poden constituírse como establecementos privados de venda de obras e, neste caso, moitas veces poden non ter colección permanente propia. Porén, seguindo unha vella tradición, moitos museos de arte tamén se chaman galerías, como a Gemäldegalerie en Alemaña e a National Gallery en Londres, Inglaterra, ou Edimburgo, Escocia.[2]
Notas
↑"Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-23.