Francisco de Gouveia Martins Sarmento, nado en Guimarães o 9 de marzo de 1833 e finado na mesma vila o 9 de agosto de 1899, foi un destacado arqueólogo e escritor portugués.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, dedicouse con gran paixón ao estudo da arqueoloxía. Fixo o estudo e escavación sistemática e metódica da citania de Briteiros e Sabroso, preto de Guimarães (1874-1879), onde residía na Casa da Ponte, hoxe convertida en Museu da Cultura Castreja.
Tamén cultivou a poesia e colaborou con asiduidade en revistas e publicacións científicas.
Entre as súas obras pódense citar: Os Argonautas; Ora Marítima; Lusitanos, Lígures e Celtas.
No museo da Sociedade Martins Sarmento en Guimarães consérvanse gran parte dos obxectos arqueolóxicos atopados nas súas escavacións.
Véxase tamén
Ligazóns externas