Francisco López Silva, Paquito, nado en Cabo de Cruz (Boiro) en 1932 e finado en Boiro o 25 de febreiro de 2023[1], foi un político e empresario galego.
Traxectoria
Fundou en 1947 a empresa de conxelados Paquito SL. Foi nomeado alcalde de Boiro en 1975. Encabezou a candidatura de UCD nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi de novo candidato á alcaldía nas municipais de 1983, nesta ocasión polo Partido Gallego Independiente, conseguindo de novo maioría simple pero perdendo a alcaldía en favor do socialista Manuel Velo Velo, que recibiu o apoio de AP e unha candidatura comunista.
Notas
Vida persoal
Casou con Dolores Outeiral Becerra e tiveron 7 fillos, entre eles Manuel López Outeiral, deputado autonómico e concelleiro en Boiro polo PPdeG.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas