Francisco Gutiérrez Ríos, nado en Santiago de Compostela en 1951, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de militar, naceu en Santiago porque o seu pai estaba destinado alí, pero mantiña vínculos familiares coa cidade de Ourense e con Rioseco (Paderne)[1]. Trasladáronse aínda sendo neno á Coruña, e estudou nos Salesianos[2]. Estudou na universidade en Madrid e alí comezou a traballar na radio, precisamente en Radio Madrid, onde coincidiu con Pepe Domingo Castaño e Rafael Revert.
Despois trasladouse á cidade da Coruña, onde traballou vinculado ao xornalismo e á publicidade durante catro décadas, en Radio Juventud, Radio Coruña, El Ideal Gallego, DxT Campeón e TodoDeporte. Xubilouse traballando para a radio municipal de Culleredo[1]. Tamén traballou nos anos setenta como pallaso[3] radiofónico, cun trío afeccionado chamado Pim, Pam, Pom (e onde Gutiérrez era Pam).
Obra
- Con el viento del Norte (1992; poesía)
- Detrás de las palabras (2018, memorias)
- Culleredo, mi pasión (2024; biografía de Julio Sacristán de Diego)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas