A fotografía de defuntos foi unha práctica que, basicamente, consistía en vestir un cadáver recente coas súas roupas persoais e facelo partícipe dun último retrato grupal, cos seus compañeiros, familiares ou amigos.
Historia
A fotografía de defuntos é unha práctica que nace case coa mesma fotografía (un 19 de agosto de 1839) en París, pero logo esténdese rapidamente cara a outros países. Había diferentes escenografías, como defuntos á mesma mesa cos familiares vivos, meniños na cama ou xente maior coa roupa de gala.
Na película The Others (de Alejandro Amenábar e interpretada por Nicole Kidman), a protagonista descobre que os seus criados son fantasmas porque atopa un destes retratos de defuntos no que aparecen os tres personaxes xa mortos.