O Foro romano de Clunia Sulpicia é un complexo monumental construído no século I na antiga cidade de Clunia, situada entre as cidades actuais de Coruña del Conde e Peñalba de Castro, no sur da provincia de Burgos.
Construíuse no século I, quizais debido ao nomeamento da cidade como capital de convento xurídico, aínda que é posterior ao primeiro trazado urbano da cidade, como demostra a reestruturación que se observa na Casa 3.[1]
A finais do século III notouse o cesamento da actividade nas tabernaes e no século IV os niveis de ocupación da basílica indican que a decoración xa desaparecera.
No foro desenvolvéronse as actividades políticas, comerciais, xudiciais e relixiosos do municipio, pero tamén as relacionadas co feito de que Clunia fose a capital dun convento xurídico. Está situado no centro da cidade, no punto máis alto do outeiro. A planta é rectangular, de 160 m de lonxitude e 115 de anchura.[2]
Como resultado das escavacións na súa parte oriental, sábese que albergaba os seguintes edificios:
Tras do templo había un espazo con propósitos relixiosos, delimitado para separalo do resto do foro por medio de dous muros curvos. O recinto quedou pechado ao sur por un pórtico sobre un pavimento, interrompido por unha aula aberta no eixe co templo. Neste espazo atopouse un tanque de posible uso ritual.[3]