Os focénidos (Phocoenidae) son unha familia de cetáceosodontocetos da superfamilia dos delfinoideos, que inclúe as toniñas, touliñas ou marsopas,[1] semellantes aos golfiños ou delfíns, pero máis pequenas e de corpo máis repoludo.
A familia dos Phocoenidae foi establecida, e bautizada, por John Edward Gray en 1825, que derivou o seu nome do xénero tipo, Phocoena (ás veces escrito Phocaena), coa desinencia do latín científico-idae, propia dos nomes das familias de animais.
O xénero Phocaena foi establecido ern 1816 por Cuvier, e é unha adaptación
do termo grego φώκαινα fókaina, que era o nome da toniña común neste idioma.[2]
Diferenzas entre toniñas e golfiños
Tamaño: as toniñas son máis pequenas (coa excepción citada antes), aínda que comparativamente máis robustas.
Reprodución: as toniñas alcanzan a madurez sexual antes, e crían relativamente máis vástagos que os golfiños, poñendo o acento na cantidade e non na calidade da crianza, segundo os parámetros da teoría biolóxica da selección r.
Dentes: as tomiñas teñen dentes aplanados en lugar de en forma cónica como os golfiños.
Aleta dorsal: as tiniñas teñen unha aleta dorsal pequena e de forma triangular, e maesmo algunhas non a presentan, como no xénero Neophocaena, mentres que os golfiños teñen estas aletas de formas arredondadas.
Fociño: arredondado nas toniñas, cos extremos da boca levantados no que parece un eterno soriso. Os delfíns adoitan ter en xeral un fociño aguzado en forma de bico.
Taxonomía
A familia dos focénidos está composta por 3 xéneros totalizando 6 especies.[3]