First Knight é un filme británico-estadounidense dirixido por Jerry Zucker que se estreou en 1995. Baséase na lenda do Rei Artur, interpretado por Sean Connery. Os outros protagonistas do filme son Richard Gere como Lanzarote do Lago, Julia Ormond como Xenevra e Ben Cross como Maleagant.
Cando Lady Xenevra contrae matrimonio co rei Artur, faino movida por dúas razóns: o respecto e a admiración que sente por el e a necesidade de que protexa o seu reino, Leonesse. Pero, cando o destino leva a Camelot ó afouto cabaleiro Lanzarote do Lago, xorde de inmediato o amor entre eles, o que sitúa a Xenevra ante un difícil dilema.