Filmes propostos ó mellor filme internacional na 30ª edición dos Óscar
Os seguintes 12 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 30ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, India, Italia, Noruega e Alemaña Occidental. Italia gañou o premio co filme de Federico FelliniLe notti di Cabiria, un drama sobre unha prostituta de Roma que busca en van o amor verdadeiro.[1]
O documental mexicano Torero!, non conseguiu obter un nomeamento nesta categoría pero si foi nomeado na de mellor documental.[1]
A dinamarquesa Annelise Hovmand converteuse na primeira muller directora cun filme proposto nesta categoría.