Fight Club é unha novela de 1996 escrita por Chuck Palahniuk. Conta a experiencia dun protagonista sen nome que afronta un problema de insomnio. Inspirado polo comentario exasperante do seu médico que dixo que o insomnio non é sufrimento, o protagonista descobre un alivio ó suplantar a unha persoa gravemente enferma en varios grupos de apoio. Posteriormente, coñece un misterioso home chamado Tyler Durden e xuntos crean un club de loita como un xeito de psicoterapia radical.
En 1999, o director de cinema David Fincher adaptou a novela nun filme homónimo, protagonizado por Brad Pitt e Edward Norton. A longametraxe converteuse nun filme de culto malia a súa modesta recadación. A sona do filme axudou a medrar o interese pola novela de Palahniuk. A secuela, Fight Club 2, foi lanzado en formato banda deseñada en maio de 2015.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía