Felipe Gutiérrez-de la Peña Tostado, finado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1907[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Era Cabaleiro da Nobreza Colexiada. Encabezou a candidatura do Comité electoral-popular de Santiago ás eleccións municipais de 1881, foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 25 de xuño e tomou posesión o 1 de xullo. Permaneceu no cargo até 1883. Foi bibliotecario arquiveiro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1889).
Notas