Faro de cabo Prioriño |
---|
|
Datos xerais |
---|
Localización | |
---|
Concello | Cabo Prioriño, Ferrol |
---|
Construción | 1850 |
---|
Datos técnicos |
---|
Cód. internacional | D-1694 |
---|
Descrición | Poligonal de pedra |
---|
A.S.N.M. | 36 metros |
---|
Altura sobre o terreo | 5 metros |
---|
Características | Luz D L 1 oc 4 |
---|
Período | 5.0 |
---|
Alcance | 23 millas náuticas |
---|
|
|
O faro de cabo Prioriño é un faro situado no cabo Prioriño, na parroquia de Doniños, no concello de Ferrol. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Historia
Trátase dunha torre hexagonal, con farol e galería, construída en 1854 fronte a unha portería de cachotería dunha planta. A torre é de pedra sen pintar e a casa está pintada de branco con pedra vista sen pintar. A cúpula da lanterna está pintada de branco. Este faro eríxese ao final da península a 15 km ao suroeste de Ferrol, marcando a entrada á ría de Ferrol e o achegamento ao porto de Ferrol.
O faro resultou moi danado por actos vandálicos en 1990 e quedou fóra de servizo durante varios meses. En 1995 o sistema óptico substituíuse por unha lente de Fresnel acrílica e a súa fonte de enerxía converteuse de novo en enerxía eléctrica.
Véxase tamén
Bibliografía
- M.A. Sanchez Terry: Faros do Océano; MOPU.
Outros artigos