A familia Trivulzio foi unha das grandes familias nobres de Milán e Lombardía.
Historia
Orixinaria da actual provincia de Pavia, derivada en particular da cidade de Trivolzio da que tomou o apelido, a familia Trivulzio ocupaba numerosos feudos (Melzo, Borgomanero, Retegno, etc.), e os seus primeiros membros aparecen en rexistros dende o século XI. A familia alcanzou o seu apoxeo na segunda metade do XVI, na época dos Sforza, cuxo ascenso favoreceron, e aos que os Trivulzios traizoaron cando entraron ao servizo dos reis de Francia.
Os edificios históricos vinculados aos Trivulzio son numerosos e espallados por un vasto territorio. Entre eles, o palacio homónimo sito en Milán, na Piazza Sant'Alessandro, que foi sede da biblioteca e colección Trivulzio, agora no Castelo Sforzesco. Neste pazo naceu Cristina Trivulzio Belgiojoso, coñecida en Francia como princesa Christine de Belgiojoso.