Eusebio González Pedreira, nado en Mosende (O Vicedo) en 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Afiliado ao sindicato CNT de Viveiro. En marzo de 1937 botouse ao monte cando foi chamado a filas no exército franquista.[1] Xulgado por deserción e rebelión, foi declarado fuxido e en rebeldía. Integrouse no grupo Neira capitaneado por José Neira Fernández. En 1942 sumouse á disciplina do Partido Comunista. Pasou despois a integrarse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa.[2]