Eulogia Merle naceu e estudou Belas Artes en Buenos Aires, pero tempo despois foi a vivir a Madrid, onde se dedica a traballar como ilustradora de forma constante para o xornal El País e, posteriormente, tamén para La Nación de Buenos Aires. Así mesmo traballou en diferentes editoriais ilustrando libros de literatura para adultos e infantís. Eulogia é unha artista cunha forte defensa dos seus principios e unha clara visión de como afrontar a realidade dos medios. Hoxe en día segue vivindo en España.[1]
No ano 2000 publicou o seu primeiro libro (La vida de las abejas, de Maurice Matter), nunha editorial que se chamaba Longseller. Toda a súa vida foi debuxante, nunca deixou de debuxar e, buscando un pouco a súa saída laboral, pasou pola escenografía, entre outras cousas. Pero a ilustración gustáballe moito. Fixo unha carpeta con ilustracións propias para o libro La peste de Albert Camus para presentar en editoriais.
Nese momento na Arxentina estaba nunha situación complicada, e tomou a decisión de ir a España co seu libriño ilustrado. Presentouno en moitas editoriais, e aínda que lle gustaban os debuxos, nunca a chamaron, até que chegou o momento de El País. Púxose en contacto cun debuxante arxentino que traballa no xornal, conseguille unha entrevista, e contratárona.[1]
Eulogia Merle e, aínda que ela se autodefine como unha simple debuxante, é realmente unha artista, porque non se lle escapa ningunha forma de creación, desde a escritura ao vídeo. Merle é unha artista comprometida, progresista e «non pinta para señoras elegantes».[2]
En 2019 fixo unha exposición, titulada Reflexiones, en Madrid, e outra no ano seguinte, no hotel Emperador, tamén en Madrid, con quince obras, algunhas anteriores e, sobre todo, varias novas, preparadas expresamente para esta mostra.
Participou na homenaxe que numerosos artistas lle dedicaron a Chavela Vargas, Llorando a Chavela, na Casa América de Madrid, e interveu tamén no Festival Luminaria, en Madrid, que trataba de revitalizar e dar novo valor aos espazos urbanos perdidos. Ademais diso están os talleres que dirixe, as obras que lle encargan, e o traballo no seu estudio.[2]
Nas súas palabras, Merle di que «non cre moito na arte como ferramenta de transformación social; os artistas xa non podemos facer iso, moi rara vez se consegue facer algo que cambie de verdade, non xa o mundo, senón sequera ás persoas que o ven. Agora ben, hai que intentalo: o movemento cara a esa transformación e o correcto, temos que vivir para transformar a realidade e lograr que nela caibamos todos».[2]