Eu andei cun zombi (inglés: I Walked with a Zombie) é un filme estadounidense de terror de 1943 baseado en parte nun artigo escrito por Inez Wallace e publicado na revista The American Weekly e na novela de Charlotte Brontë Jane Eyre.
O filme foi dirixido por Jacques Tourneur e producido por Val Lewton. Vodú, zombis e maxia negra combínanse nunha illa misteriosa neste clásico de terror de serie B.[1]
Foi emitido na TVG o 20 de febreiro de 2016.[2]
Argumento
Betsy Connell, unha enfermeira canadense, é contratada polo señor Holllan, un terratenente dunha plantación azucreira na illa antillana de San Sebastián, para que coide a súa dona, Jessica. Unha vez aló, Betsy comproba que a enferma está nunha especie de estado catatónico; os habitantes do lugar din que é unha zombi.[3]
Elenco
Produción
O produtor Val Lewton foi obrigado a empregar o título do filme polos executivos de RKO. Oficialmente, baseábase nun artigo escrito por Inez Wallace na American Weekly Magazine.[4] Lewton pediu aos guionistas que tomasen Jane Eyre, de Charlotte Brontë para dar á historia unha estrutura narrativa e investigasen sobre as prácticas do vodú[5][6]
Anna Lee foi seleccionada inicialmente para o papel de Frances Dee, mais tivo que retirarse por ter outro compromiso.[7]
Crítica
A pesar de que Eu andei cun zombi foi definido como "unha esaxeración aburrida e repugnante dun enfermizo e anormal concepto da vida"[8] por The New York Times en 1943,[9] os críticos despois chamárona "intelixente" (William K. Everson),[10] "excepcional" (Leonard Maltin)[11] e "o máis elegante" dos filmes de terror de Lewton na RKO (Tom Milne).[12]
En 2007, Stylus Magazine considerouno o quinto mellor filme de zombis da historia.[13]
Notas
- ↑ "Canal TCM". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 02 de outubro de 2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 20 de febreiro de 2016. Páxina 54.
- ↑ The New York Times (ed.). I Walked with a Zombie.
- ↑ Wallace, Inez. "I Walked with a Zombie." Reprinted in Peter Haining, Zombie! Stories of the Walking Dead (Londres 1986): pp.95- 102.
- ↑ "Focusfeatures.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 20 de maio de 2018.
- ↑ TCM.com
- ↑ Hanson, Patricia K.; Dunkleberger, Amy (1999). AFI: American Film Institute Catalog of Motion Pictures Produced in the United States: Feature Films 1941-1950 Indexes, Volume 2. University of California Press. p. 1127. ISBN 0520215214.
According to a 21 Oct 1942 HR news item, Anna Lee was initially slated to play 'Betsy,' but was forced to withdraw because of a previous commitment.
- ↑ En inglés, "A dull, disgusting exaggeration of an unhealthy, abnormal concept of life".
- ↑ Review in The New York Times, 22 de abril de 1943
- ↑ William K. Everson: Classics of the Horror Film. The Citadel Press, 1974.
- ↑ Leonard Maltin's 2008 Movie Guide. Signet/Penguin Group, 2007.
- ↑ Time Out Film Guide, Seventh Edition 1999. Penguin Group, 1998.
- ↑ "Stylus Magazine’s Top 10 Zombie Films of All Time - Movie Review - Stylus Magazine". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2018. Consultado o 20 de maio de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas