O Estádio Nacional de Brasília Mané Garrincha, tamén coñecido como Estádio Nacional Mané Garrincha, Estádio Nacional de Brasília, Arena Mané Garrincha ou simplemente Mané Garrincha, é un estadio de fútbol e recinto multiuso brasileiro situado na cidade de Brasilia, no Distrito Federal. O estádio é unha das diversas estruturas que compoñen o Complexo Polideportivo Ayrton Senna, que engloba tamén o Ximnásio de Deportes Nilson Nelson e o Autódromo Internacional Nelson Piquet, entre outros. Inaugurado en 1974, o estádio posuía capacidade total para 45.200 espectadores, mais após as reformas de 2010-2013, a súa capacidade medrou até os 72.788 asentos, tornándose o segundo maior estadio do Brasil e un dos maiores da América, só por detrás do Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro. O estadio pertence actualmente á Axencia de Desenvolvemento do Distrito Federal (Terracap).
Inicialmente prevista para 31 de decembro de 2012[1] e posteriormente para 21 de abril de 2013[2], a inauguración do novo estádio foi finalmente o día 18 de maio de 2013. Como eventos de proba após a súa inauguración, o estadio foi escenario da final do Campeonato Brasiliense de 2013 e recibiu no día 26 de maio de 2013 o partido entre o Santos e o Flamengo, válido para o Campionato Brasileiro (Brasileirão).[3] Antes da reconstrución do estadio, Brasilia non contaba con ningún local considerado totalmente apto para recibir grandes eventos. Estes, cando ocorrian, eran realizados en áreas improvisadas, como o canteiro central da Esplanada dos Ministérios.