O estreito de Cook é un paso marítimo que separa o mar de Tasmania (ao oeste) do océano Pacífico sur (ao leste). Ademais divide as dúas principais illas de Nova Zelandia, denominadas segundo a súa localización xeográfica como Illa Norte e Illa Sur.
Características
O estreito de Cook oriéntase en dirección noroeste-sueste, e ten unha distancia de 22 quilómetros no seu punto máis estreito.[1] Está considerado un dos lugares máis perigosos e de augas máis impredicibles do mundo, con fortes ventos e correntes e mareas cambiantes.[2][3]
Recibe o seu nome polo mariño inglés James Cook, primeiro europeo en comandar a súa nave polo estreito,en 1770.[4] En lingua maorí é coñecido como Raukawa ou Te Moana-o-Raukawa ("O mar de Raukawa"),[5], significando Raukawa "follas amargas".
Na beira norte do estreito está a capital de Nova Zelandia, Wellington.
Notas
↑McLintock, A H, Ed. (1966) "Cook Strait", en An Encyclopaedia of New Zealand, 18 de setembro de 2007. Esta é a distancia entre a Illa Norte e a Illa Arapaoa; outras fontes dan unha distancia maior, arredor de 24,5 km, entre a Illa Norte e a Illa Sur.
↑McLauchlan, Gordon (Ed.) (1987) New Zealand encyclopedia, Bateman, P. 121. ISBN978-0-908610-21-1.