Esteban Suárez Méndez, nado en Santo Estevo (Ponte Castrelo, Castrelo de Miño) en 1983,[1] é un político galego do BNG e alcalde de Castrelo de Miño entre xuño de 2019 e agosto de 2020.
Traxectoria
Nas eleccións municipais de 2019 presentouse polo BNG en substitución do anterior alcalde Xurxo Rodríguez Méndez,[2] sendo a forza máis votada con tres concelleiros. O 15 de xuño converteuse en alcalde do concello como candidato da forza máis votada. O 11 de agosto de 2020 perdeu a alcaldía en favor de Avelino Pazos despois dunha moción de censura que contou cos votos dos 3 concelleiros de PP máis 2 concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE fronte aos 3 dos concelleiros do BNG máis a única concelleira que permaneceu no PSdeG-PSOE.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos