Estadio de San Mamés (1913)

San Mamés
Datos
Coordenadas43°15′51″N 2°56′58″O / 43.264205, -2.949369
LocalizaciónBilbao, España España
Construción
Inauguración21 de agosto de 1913
Renovación1952, 1982
Demolición6 de xuño de 2013
ArquitectoManuel María Smith
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade39.750
PropietarioAthletic Club
OperadoraAthletic Club
LocalíaAthletic Club
Eventos
editar datos en Wikidata ]
Para o novo estadio de San Mamés véxase: Estadio de San Mamés (2013).

O estadio de San Mamés foi un estadio de fútbol localizado na cidade de Bilbao (Euskadi), onde xogou os seus partidos como local o Athletic Club desde 1913 ata a súa clausura e posterior demolición ao termo da tempada 2012/13, cando pasou a xogar no San Mamés Barria. Tomaba este nome do veciño asilo de San Mamés, ao que pertencían os terreos sobre os que posteriormente se levantou o estadio. San Mamés foi un mártir que foi guindado aos leóns, de aí que aos xogadores do Athletic sexan alcumados os leóns.

A propiedade do estadio era do Athletic Club, aínda que os terreos onde se asentaba pertenceron á caixa BBK; posteriormente o club mercou tódolos dereitos sobre o terreo a cambio de que se utilizasen exclusivamente para fins deportivos. Tiña capacidade para 39.750 espectadores e un terreo de xogo de 105 x 68 metros. Foi o único estadio do estado que acolleu tódalas edicións da Primeira División desde a súa creación en 1928 ata a tempada 2012/13. Coñecíase co sobrenome de A Catedral.

Historia

O deseño orixinal do estadio é obra do arquitecto Manuel María Smith. A primeira pedra colocouse o día 20 de xaneiro de 1913, e a súa inauguración produciuse o 21 de agosto do mesmo ano. No partido inaugural enfrontáronse o Athletic Club de Bilbao contra o Racing de Irún, nun partido pertencente ao torneo inaugural, no que tamén participou o Shepherd's Bush FC inglés. Pichichi foi o primeiro xogador en marcar un gol no estadio.

O aforamento inicial era de 3.500 espectadores, pero a mediados da década de 1920 ampliouse ata os 9.500. A esta ampliación seguiron outras ata situar a capacidade en 47.000 no ano 1952, coa construción da tribuna central, coroada polo arco que aínda hoxe é aceno de identidade do estadio bilbaíno. En 1957 construír a chamada "tribuna de Capuchinos", en 1961 a de Misericordia ou Tribuna Garay e en 1972 a Tribuna Este.

Para poder ser sede no mundial de 1982, San Mamés houbo de facer fronte a numerosas reformas para mellorar os accesos e a visibilidade. En 1997 elimináronse os valos que separaban ao público do terreo de xogo e suprimíronse as 10.000 localidades de pé para adecuarse á normativa FIFA. O aforamento quedou deste xeito reducido ás 39.750 prazas.

O último partido oficial de Primeira División foi o que enfrontou ao Athletic co Levante UD con derrota dos locais por 0-1. O xogador do Levante Juanlu Gómez foi o autor do último gol nun partido de Liga que se marcou en San Mamés. O último partido oficial foi o que enfrontou ao Bilbao Athletic e o Levante B, dos cuartos de final da promoción de ascenso a Segunda.

O 5 de xuño de 2013 xogouse o último partido en San Mamés, entre o Athletic Club e unha selección de Biscaia, que acabou 0-1 e no que participaron moitos dos xogadores máis destacados da historia do club. Terminado o partido fíxose unha gran celebración con motivo dos 100 anos do estadio (1913-2013) e a despedida do mesmo.

O arco

En febreiro de 1952 iniciáronse as obras de remodelación da tribuna principal grazas a un proxecto elaborado polos arquitectos Carlos de Miguel, José Antonio Domínguez e Ricardo Magdalena e polo enxeñeiro de camiños Carlos Fernández Casado. Esta reforma incluía unha revolucionaria estrutura metálica que permitía a ausencia de columnas e por conseguinte unha importante mellora da visibilidade. As obras da popular estrutura quedaron terminadas en marzo de 1953.

Acontecementos futbolísticos importantes

Mundial de fútbol

Bilbao foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1982. Como consecuencia, San Mamés acolleu tres partidos pertencentes á fase de grupos (Grupo D); Inglaterra, Francia, Checoslovaquia e Kuwait.

Inglaterra Inglaterra 3:1 (1:1) Francia Francia 16 de xuño de 1982 – San Mamés, Bilbao
Asistencia: 44 172
Árbitro: José Antonio Garrido (España)
Robson 1' 67'
Mariner 83'

Soler 24'
 
Inglaterra Inglaterra 2:0 (0:0) Checoslovaquia Checoslovaquia 20 de xuño de 1982 – San Mamés, Bilbao
Asistencia: 41 123
Árbitro: Charles Corver (Países Baixos)
Francis 62'
Barmos 66' (ag)

 
Inglaterra Inglaterra 1:0 (1:0) Kuwait 25 de xuño de 1982 – San Mamés, Bilbao
Asistencia: 39 700
Árbitro: Gilberto Aristizabal (Colombia)
Francis 27'
 

Finais

  • Copa da UEFA 1976-77 (Athletic Club 2 - Juventus 1). En 1977 celebrouse en San Mamés o partido de volta da final da Copa da UEFA dese mesmo ano, que enfrontou ao equipo local, o Athletic, fronte á Juventus de Turín. O partido foi gañado polos locais, con todo, o valor dobre dos goles fóra de casa deu a vitoria aos italianos, que previamente venceran 1-0 no seu estadio.
  • Copa do Rei de 1921. Bilbao foi a sede da fase final do Campionato de España de 1921 (Copa do Rei), que se celebrou en San Mamés. Naquela época as fases finais da Copa do Rei eran organizadas nunha soa cidade, neste caso disputáronse as semifinais e a final do torneo, que foi gañada polo Athletic ao impoñerse por 4-1 ao Atlético de Madrid.

Partidos da selección española

Partidos da selección de Euskadi

San Mamés durante o partido Euskal Herria-Cataluña en 2007.

Partidos contra seleccións nacionais

Eventos musicais

Nos seus últimos anos San Mamés acolleu concertos de gran calibre, nel tocaron artistas e grupos importantes como Bruce Springsteen, The Rolling Stones, Shakira ou AC/DC.

Galería de imaxes do estadio de San Mamés

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!