O Estadio de Pinilla é un estadio de fútbol de propiedade municipal da cidade de Teruel. Situado na rúa San Juan Bosco, xoga nel como local o CD Teruel, da Primeira División RFEF.
Historia
Foi inaugurado o 27 de xullo de 1930, aínda que non comezou a utilizarse ata 1934 co nome de El Ensanche Foi un campo de terra ata a década de 1970 cando pasou a ser de herba natural.[1][2]
En 1944 xogouse por primeira vez no estadio un partido da Copa do Xeneralísimo, enfrontándose a UD Teruel e o Español Arrabal e gañando o equipo local por 2-0. Na tempada 1986/87 o estadio acolleu por primeira vez partidos da Segunda División B.[1]
Na tempada 2022/23 o CD Teruel conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF e debido a este motivo o concello de Teruel e o club chegaron a un acordo para reformar o estadio e cumprir así coas esixencias da categoría.[3]
Localización e acceso
O estadio está situado entre a rúa San Juan Bosco e a avenida de Aragón e pódese chegar a el en autobús urbano coa Liña B.[4]
Notas