O Club Deportivo Teruel é un club de fútbol de España, da cidade de Teruel, en Aragón. Foi fundado en 1954 e actualmente xoga na Terceira División.
Ata a tempada 2009-10 xogaba no Grupo XVII da Terceira División, pero obtivo o ascenso a Segunda B o 23 de maio de 2010 tras vencer ao Noja por marcador global de 3-2 (1-1 na ida).
Historia
Foi fundado en 1954 como resultado da fusión do Teruel CF e o Mudéjar Turolense. E no ano 2008, fundouse a "Peña de los Calaveras", a pena mais importante da capital turolense.
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
Estadio
O Estadio de Pinilla inaugurouse cun partido entre o CD Teruel e Osasuna o 8 de setembro de 1957, sendo presidente do club Cesáreo Pérez. É o estadio onde se disputa o Trofeo Ciudad de Teruel.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 7 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en 3ª: 37
- Mellor posto na liga: 4º en Segunda B (tempada 1988-89)
- Peor posto na liga: 20º en Segunda B (tempada 1990-91)
Palmarés
Torneos nacionais
Véxase tamén
Ligazóns externas