Estación de Waddesdon Road

Estación de Waddesdon Road
Mapa coa estación de Waddeston Road
SituaciónWaddesdon, Buckinghamshire

A estación de Waddesdon Road, chamada estación de Waddesdon até o ano 1992, era un pequeno apeadoiro a campo aberto en Buckinghamshire, Inglaterra. Foi inaugurado en 1871 como parte dunha liña co remolques de cabalos para axudar no transporte de mercadorías das extensas pertenzas do duque de Buckingham na rexión e tamén para conectar estas terras co Aylesbury and Buckingham Railway cara a estación de Quainton Road. En 1872, a liña foi expandida e reconvertida para permitir o emprego por parte de pasaxeiros, e pasou a ser coñecida como Brill Tramway. En 1899, a compañía con sede en Londres Metropolitan Railway obtivo a xestión da liña.

En 1933, Metropolitan Railway pasou a ser de titularidade pública e converteuse na Metropolitan Line do Metro de Londres e, malia a súa localización rural, Waddesdon Road converteuse en parte da London Passenger Transport Board. Os xerentes da liña non viron claro o seu futuro como ruta de pasaxeiros viable economicamente: a estación de Waddesdon Road, xunto co resto da Brill Tramway, foron clausuradas a finais do ano 1935.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!