Buckinghamshire é un condado do Reino Unido, situado no centro de Inglaterra. Ocupa unha área de 1.874 km², cunha poboación estimada en 2010 de 739.600 habitantes. A capital é Aylesbury, malia que a sede do goberno está en Milton Keynes, a vila máis poboada do condado. A segunda cidade máis poboada do condado é High Wycombe. O condado recibe o nome pola súa antiga capital, a vila de Buckingham.