Lisboa-Santa Apolónia |
---|
Fachada da estación |
Situación | Lisboa |
---|
A estación de Lisboa-Santa Apolónia é a estación central de ferrocarril da cidade de Lisboa, en Portugal. É de carácter terminal e foi inaugurada en 1865. Atópase no centro urbano, á beira do Texo, no barrio de Alfama.
Da estación parten os principais trens internacionais de longa distancia ao estranxeiro (con destinos como París e Madrid), os trens nacionais de alta velocidade ao norte de Portugal, os trens rexionais e os trens de proximidade.
Ten correspondencia cunha estación do metro de Lisboa e tamén ten servizo de autobuses.