Estación de Briviesca

Briviesca
SituaciónBriviesca (Burgos)
Liñas
Longa DistanciaIntercity
Media distanciaMD, Rexional Exprés

A estación de Briviesca é unha estación de tren de Adif situada no concello de Briviesca, na provincia de Burgos. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.[1]

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 416,885 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 724,46 metros de altitude, entre as estacións de Pancorbo e Burgos-Rosa de Lima.[2] O tramo é de vía dobre e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada entre 1860 e 1864 coa posta en marcha do tramo Pancorbo-Miranda de Ebro da liña radial Madrid-Hendaia.[3] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España quen mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros da estación de Briviesca é un clásico edificio formado por un pavillón central de dous pisos con dous anexos laterais de menor altura. Catro portas decoradas con arcos serven de acceso ao recinto que foi pintado de rosa e ocre na súa última rehabilitación. Posúe dúas plataformas e dúas vías para o tráfico de viaxeiros aínda que as instalacións complétanse con outras cinco vías numeradas para uso loxístico.[1] Os cambios de plataforma realízanse a nivel. Na plataforma oposta ao edificio de viaxeiros atópase un refuxio de grandes dimensións para os viaxeiros que esperen os trens que acceden pola vía 2.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 24 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  MD
RE
Irún
Vitoria
Madrid-Chamartín
  RE Burgos-Rosa de Lima Zaragoza-Miraflores
22 MD Valladolid-Campo Grande Zaragoza-Delicias

Notas

  1. 1,0 1,1 Adif. "Ficha técnica". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  2. Briviesca (Est.) Euroferroviarios
  3. Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!