Estación de Astorga

Astorga
SituaciónAstorga
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

A estación de Astorga, tamén chamada Astorga-Puerta de Rey, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Astorga, na provincia de León, concretamente no barrio de Puerta de Rey, ao nordés do centro urbano. Ten servizos de media e longa distancia operados por Renfe e tamén funcións loxísticas.[1]

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 174,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 846 metros de altitude[2]. O tramo é de vía única e está electrificado.

Astorga formou parte tamén da desaparecida liña férrea de ancho ibérico entre Plasencia e Astorga. Atopábase no punto quilomérico 347,5 da mesma.[3]

Historia

O ferrocarril chegou a Astorga o 16 de febreiro de 1866 coa posta en marcha do tramo León-Astorga da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[4] Foi construída pola Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España entre os anos 1863 e 1883. A estación de Astorga foi un punto importante da liña entre 1866 e 1868 porque se converteu en estación terminal ata que as obras do ferrocarril avanzarán cara a Galicia coa apertura do tramo ata Brañuelas. En 1878, apremada polo Estado para que concluíse os seus proxectos en marcha, Noroeste declarouse en quebra tras un intento de fusión con MZOV que non prosperou.[4] Foi entón cando a estación pasou a mans da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León creada para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

No ano 1896 a estación converteuse nun nó ferroviario importante do noroeste de España xa que se inaugurou a liña Plasencia-Astorga e construíuse a estación de clasificación de mercadorías Astorga-San Andrés onde as primeiras industrias da cidade puideron exportar alimentos e outros produtos cara ao sur (vía Plasencia) e cara a Galicia e o resto do norte (vía Monforte e León).

Durante a primeira metade do século XX, grazas á estación de clasificación de mercadorías, os produtos como o cereal da comarca ou a remolacha do Órbigo exportáronse mediante o ferrocarril.

En 1983 a liña Plasencia-Astorga foi pechada polo Goberno de España debido a que foi cualificada como liña deficitaria xunto con outras liñas importantes daquela época. Tras o peche da liña pechouse a estación de clasificación e reduciuse a importancia que tiña a estación.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Marquesiña e plataformas da estación.

Atópase ao leste da cidade. Conta cun edificio de viaxeiros formado por un corpo central de dúas plantas e dous pequenos anexos laterais de planta baixa. O conxunto está cuberto por varios tellados de dúas vertentes de tella cerámica. Todos os vans da planta baixa están adornados con arcos de medio punto mentres que os do piso superior están adintelados. En total o recinto posúe dúas plataformas cubertas, unha lateral e outra central, e 15 vías. Á plataforma lateral accede a vía 3, mentres que á central fano as vías 1 e 2.[1] En paralelo ás mencionadas sitúanse as vías 4, 6, 8, 10, 12, 14 e 16, sendo esta última a máis afastada do edificio principal.[1] Quedan outras catro vías mortas que finalizan o seu percorrido nos laterais do edificio, a 17 faino no lado dirección Ponferrada, mentres que as vías 7, 9, 11 e 13 fano no lado oposto dirección León.

A estación posúe sala de espera, venda de billetes, aseos, cafetería e un aparcadoiro exterior.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las Dueñas Ponferrada 5 trens semanais por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity León
Madrid-Chamartín
Vigo
23 RE León Ponferrada

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Ficha técnica Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Adif
  2. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  3. Astorga (Est) Euroferroviarios
  4. 4,0 4,1 Palencia a La Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!