Esporocarpo

Basidiocarpos de Amanita muscaria.
Ascocarpo de Sarcoscypha austriaca

O esporocarpo é o corpo frutífero dos fungos. É unha estrutura pluricelular onde se orixinan estruturas que producen esporas coma os basidios e os ascos. O corpo frutífero é parte da fase sexual do ciclo vital dun fungo, mentres o resto do seu ciclo está caracterizado polo crecemento dun micelio vexetativo e mais pola produción asexual de esporas.

O esporocarpo dun basidiomiceto coñécese co nome de basidiocarpo, mentres que o corpo frutífero dun ascomiceto recibe o nome de ascocarpo. Hai un rango significativo de formas e morfoloxías tanto nos basidiocarpos coma nos ascocarpos; estas características son importantes para a identificación e taxonomía dos fungos. Os corpos frutíferos chámanse epixeos (epigeus) se medran no chan, como fan os cogomelos correntes, mentres que o grupo chamado hipoxeos (hypogeus) medran por baixo do chan, no solo, coma as trufas.

O corpo frutífero máis grande coñecido era un espécime de Fomitiporia ellipsoidea atopado na illa Hainan. Medía 1.085 cm de longo e pesaba uns 400–500 kg.[1][2]

Notas

  1. Cui, Bao-Kai, Dai, Yu-Cheng (2011). "Fomitiporia ellipsoidea has the largest fruiting body among the fungi". Fungal Biology (in press). doi:10.1016/j.funbio.2011.06.008. 
  2. Walker, Matt (1 August 2011). "Giant fungus discovered in China". BBC. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Zabowski, D., Zasoski, R.J., Littke, W., Ammirati, J., 1990. Metal content of fungal sporocarps from urban, rural, and sludge-treated sites. J. Environ. Qual. 19, 372–377

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!