A esfera celeste e unha esfera ideal, sen radio definido, concéntrica no globo terrestre, na cal se moven aparentemente os astros.
Características
Permite representar as direccións nas que se atopan os obxectos celestes; así coma o ángulo formado por dúas direccións será representado por un arco de círculo maior sobre a esfera. Teoricamente confúndese co da Terra: o Eixo do mundo e o de rotación da esfera celeste que e coincidente co eixo de rotación da Terra, polo que se atopa practicamente centrada no ollo do observador. Os astrónomos fundan as súas medicións na existencia, nesa esfera, de puntos, círculos e planos convencionais: o plano do horizonte e o do ecuador celeste; o polo e o cénit; o meridiano, que serve de orixe para a medición do acimut. Resulta fácil atopar un astro ou situalo respecto a eses planos fundamentais.
Cando o horizonte do espectador é oblicuo con respecto ao ecuador, a esfera celeste é cualificada de oblicua. Para un observador situado nun dos polos, a esfera é paralela (o seu horizonte conserva paralelismo co ecuador). Fálase de que a esfera é recta para o observador situado na liña equinoccial (alí o horizonte corta perpendicularmente o ecuador).
A esfera celeste é un concepto non un obxecto; é a superficie virtual na que vemos proxectados os astros como se todos estivesen a igual distancia da terra.
Tres puntos da esfera celeste (cénit, polo elevado e astro (Z,P e S)) definen un triángulo esférico e mediante a súa resolución os mariños poden localizar a súa posición na navegación marítima.