Equator-S foi un satélite artificial alemán lanzado o 2 de decembro de 1997 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.[1]
Características
Equator-S formaba parte da iniciativa ISTP (International Solar-Terrestrial Physics), dirixida a estudar a interacción entre a Terra e o Sol. Foi deseñado e construído polo Instituto Max Planck.[1]
A misión do satélite era facer medicións de alta resolución mediante os seus sete instrumentos do plasma e os campos magnético e eléctrico en rexións non estudadas por outros satélites, como o lado diúrno a baixa altitude da magnetopausa e a súa capa límite, a rexión ecuatorial da corrente de anel e a capa ecuatorial de plasma próxima ó ecuador. A órbita de Equator-S é case ecuatorial, cun perixeo duns 500 km e un apoxeo de case 67.000 km.[1]
Equator-S deixou de transmitir datos o 1 de maio de 1998 a causa dun fallo nos procesadores do satélite.[1]
Instrumentos
- MAM: consistía en tres magnetómetros de porta de fluxos, un deles nun mastro de 1,8 m de longo e os outros 50 cm máis cerca da nave.[6]
- EDI (Electron Drift Instrument): utiliza un fluxo de electróns para medi-lo campo magnético.[6]
- 3DA (3D-Plasma Analyzer): composto por un analizador electrostático de electróns e un analizador electrostático de ións.[6]
- EPI (Energetic Particle Instrument): mide a enerxía de ións e electróns no rango entre 20 e 226 keV entre 20 e 400 keV respectivamente.[6]
- ICI (Ion Composition Instrument): mide a distribución tridimensional de ións de hidróxeno, helio e oxíxeno.[6]
- PCD (Potential Control Device): usado para reducir o potencial eléctrico do satélite a uns poucos voltios para poder facer medicións do plasma a moi baixas enerxías.[6]
- SFD (Scintillating Fiber Detector): mide a incidencia de partículas enerxéticas.[6]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (4 de novembro de 2011). "Equator-S" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EQUATOR S" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 7 October 2004 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (04-59146): 2. 18 de novembro de 2004. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Equator-S" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Equator-S" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Helmut Steinle (2011). "INSTRUMENTATION" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén