Unha entrevista é un feito que consiste nun diálogo mantida entre dúas ou máis persoas: o entrevistador ou entrevistadores que interrogan e a persoa ou persoas que contestan. Trátase dunha técnica ou instrumento empregado en diversas actividades profesionais (por exemplo en investigación, medicina, selección de persoal). Unha entrevista non é casual senón que é un diálogo interesado, cun acordo previo e uns intereses e expectativas por ambas partes.
A entrevista xornalística distínguese fundamentalmente por tres factores:
Pero ademais dunha técnica, utilizada polos profesionais para conseguir información, a entrevista é sobre todo un xénero xornalístico. É unha das técnicas máis utilizadas.
A palabra entrevista provén do francés entrevoir que significa o que se entrevé ou o que se avista.
Malia a orixe francesa do termo entrevista, as primeiras entrevistas publicadas e recoñecidas como tal son norteamericanas. Os historiadores non se poñen de acordo se a primeira entrevista foi de James Gordon Bennet (director do New York Herald) en 1836 ou Horace Greely no Tribune de Nova York en 1859. Esta última posúe unha maior proximidade ó concepto actual de entrevista, tanto nos obxectivos coma na forma.
No primeiro texto, o de 1836, é a narración do asasinato de Ellen Jewt e o xornalista recolle o testemuño de Rosita, a ama de chaves, en forma de citas textuais, extractos da conversa e declaracións. A novidade é que se rexistran os diálogos no texto.
O segundo texto é unha entrevista de personaxe. Interesa a persoa e é a persoa, en si mesma, o motivo da entrevista. O xornalista acode a Salt Lake City (Estados Unidos) a reunirse co fundador dos mormóns, Brigham Young.
A entrevista ten un número de variantes case indeterminadas. A continuación, cítanse varios tipos de entrevista que aparecen nos medios de comunicación:
É a vinculada cos feitos do día
Sobre temas especializados en avances ou descubrimentos científicos, médicos, tecnolóxicos etc.
A que aporta datos, descricións e opinións sobre un acontecemento presenciado.
Datos, xuízos ou opinións recollidos textualmente.
Preguntas destinadas a obter información sobre a opinión dun sector da poboación sobre un tema.
É próximo á biografía, está baseado na combinación de fontes documentais e testemuñais con datos obtidos da persoa entrevistada.
Nalgúns medios úsase periodicamente con distintas persoas. Abrangue rexistros diferentes, desde o humor ata a seriedade.
Non aparece publicado con forma de entrevista. Utilízanse para obter ou contrastar información.
Tamén coñecida como creativa ou de personaxe. Interesa o personaxe dunha maneira global, o valor estético do texto e o interese humano.
Outras clasificacións existentes son as seguintes:
Entrevista de opinión, entrevista de noticia ou entrevista de personalidade.
Presencial, telefónica, por chat, por videoconferencia, ou escrita (por cuestionario remitido a través de correo postal, correo electrónico, fax, etc.).
Individual ou colectiva.
Entrevista estruturada ou formal (preguntas previamente establecidas) ou entrevista non estruturada (desenvolvemento sen preguntas).
Un dos requisitos para que haxa unha entrevista é que o suxeito entrevistado o permita. Isto ocorre normalmente porque ten algún interese en ser entrevistado. As catro razóns principais que pode ter son as seguintes:
O off the récord é a entrevista periodística na que os datos encontrados danse de forma extraoficial, polo que o nome da persoa que subministra a información mantense en segredo e non se revela (en caso de que o solicite).