Enrique Carpintero Araújo, nado en Rabiño (Cortegada) o 24 de setembro de 1932 e finado na mesma parroquia o 8 de maio de 2008, foi un político galego do PPdeG.
Traballador de Correos, entrou na corporación de Cortegada en 1970 despois foi tenente de alcalde. En 1974 foi nomeado alcalde. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da Coalición Democrática á alcaldía de Cortegada e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde primeiro con Alianza Popular e despois co PPdeG, sempre con maiorías absolutas. Foi deputado provincial en tres lexislaturas (ata 2003). En 2007 non se presentou á reelección e abandonou a alcaldía.
Estivo casado e tivo catro fillos.