Emilio Pereiro Quiroga, nado en Furelos (Melide) en 1873 e finado na vila de Melide en 1941, foi un avogado e político galego.
Fillo do mestre de Furelos Andrés Pereiro. Estudou no Seminario de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en Melide. Poeta en castelán e galego, colaborou en De Todo un Poco, Follas Novas, Revista Gallega, Aires d’a Miña Terra e Nova Galicia. Na ditadura de Primo de Rivera foi secretario do concello de Arzúa e foi nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1926.[1] Permaneceu no posto ata o ano seguinte.
Casou en 1910 con Juana Teresa Juega López e foi pai de Emilio, Luis, Teresa e Carlos Pereiro Juega.