Elisa Nogueira Méndez, nada en San Cibrao das Viñas o 9 de xaneiro de 1936, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
Estudou Maxisterio. Foi alcaldesa do concello de San Cibrao das Viñas dende as primeiras eleccións democráticas, primeiro con Coalición Democrática, e despois co PPdeG, sempre con maioría absoluta. Foi deputada provincial. En 2011 abandonou a política.[1]
Vida persoal
Casou con Alberto Luis Iglesias Díaz e é nai de Alberto Iglesias Nogueira e sogra de Rosendo Fernández Fernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos