Elena Ojea Fernández-Colmeiro, nada en Nigrán en 1981, é unha investigadora en ciencias ambientais.[1] No ano 2016 foi a primeira galega en obter a prestixiosa bolsa 'Starting Grant' do Consello Europeo de Investigación (ERC).[2]
Traxectoria
Elena Ojea é licenciada en Ciencias Ambientais pola Universidade de Salamanca e doutora en Economía Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou varias estadías en California e no ano 2009 incorporouse ao Centro Vasco do Cambio Climático (BC3) en Euskadi.[3]
En 2016 incorporouse como investigadora á Universidade de Vigo, onde lidera o grupo Future Oceans Lab que estuda como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do cambio climático.[4] Elena participa na elaboración do Sexto Informe do Panel Intergubernamental da ONU sobre o cambio climático onde será autora principal do capítulo WGII Oceans.[5][6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas