Esta é unha lista de elementos químicos cuxo nome procede dunha persoa. O símbolo químico e o número atómico danse entre parénteses.
- Bohrio (Bh, 107) – Niels Bohr
- Curio (Cm, 96) – Pierre e Marie Curie
- Einsteinio (Es, 99) – Albert Einstein
- Fermio (Fm, 100) – Enrico Fermi
- Galio (Ga, 31) – aínda que en principio bautizado polo nome da Gallia (a palabra latina para Francia), o descubridor do metal Lecoq de Boisbaudran sutilmente inseriu unha asociación co seu propio nome, pois Lecoq ("galo") en latín dicíase gallus.
- Gadolinio (Gd, 64) – Johan Gadolin
- Laurencio (Lr, 103) – Ernest Lawrence
- Meitnerio (Mt, 109) – Lise Meitner
- Mendelevio (Md, 101) – Dmitri Mendeleev
- Nobelio (No, 102) – Alfred Nobel
- Oganesson (Og, 118) – Yuri Oganessian
- Roentgenio (Rg, 111) – Wilhelm Roentgen
- Rutherfordio (Rf, 104) – Ernest Rutherford
- Seaborgio (Sg, 106) – Glenn T. Seaborg
Con nome de personalidades míticas
- Niobio (Nb, 41) – Níobe, unha muller mortal na mitoloxía grega
- Promecio (Pm, 61) – Prometeo, un titán na mitoloxía grega
- Tántalo (Ta, 73) – Tántalo, da mitoloxía grega
- Torio (Th, 90) – Thor, o deus grego do raio
- Titanio (Ti, 22) – polos titáns na mitoloxía grega
- Vanadio (V, 23) – deusa escandinava Vanadis (Freyja)
Moitos elementos químicos nomeáronse por corpos celestes que procenden de deuses da mitoloxía grega ou romana.
Nota :