O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia. Tras elas, despois de dezaseis anos de goberno de Manuel Fraga, estableceuse un bipartito entre PSdeG-PSOE e o BNG.
← Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 →
As papeletas emitidas polos electores do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) favoreceron ós dous grandes partidos estatais (PPdG e PSdeG) en detrimento das outras forzas políticas. Así, por exemplo o PPdG recibiu 52.360 votos, facendo aumenta-la súa porcentaxe total do 44,9% dos votos até o 45,23%. O PSdeG recibiu 46.263 votos, aumentando a súa porcentaxe do 33,21% ó 33,07%. O BNG, pola súa banda, recibiu 4.705 votos, empeorando a súa porcentaxe do 19,6% ó 18,65%. O chamado voto emigrante tivo gran repercusión nestas eleccións posto que nestes votos estivo a piques o PPdG de Manuel Fraga de colleita-lo deputado 38 e acada-la maioría absoluta[1]. Finalmente o escano en disputa, na circunscrición de Pontevedra, quedou nas mans do PSdeG.