El corazón del océano foi unha miniserie de televisión española, baseada no drama e producida por Globomedia e a Colombiana Dynamo Producciones para a canle Antena 3. Foi estreada o 27 de xaneiro de 2014 e finalizou o 5 de marzo de 2014.[1] Trátase da adaptación do libro homónimo de Elvira Menéndez González.[2]
Sinopse
Alonso, un mozo galego, ten que fuxir da súa aldea porque matou por accidente ao fillo máis novo do conde Raña. Para salvarse, parte cara a Sevilla para embarcar cara ao Novo Mundo. Leva unha carta de recomendación para Juan de Sanabria, o Adiantado do Río da Prata, que prepara unha expedición a Asunción.
Doña Mencía de Calderón, a muller do Adiantado, reúne oitenta mozos de familias fidalgas sen recursos para que viaxen con ela e as súas dúas fillas a Asunción. Alí casarán cos españois que se instalaron na cidade. Ana é unha das mozas que aceptan viaxar con Mencía. Como sabe ler e escribir convértese na secretaria da Adiantada.
Alonso chega a Sevilla acompañado de Pelayo, un mozo pícaro e sen familia, ao que coñeceu no camiño. Os dous fixéronse amigos e xuntos sobreviven como poden na cidade á espera da chegada do Adiantado. No porto, Alonso coñece a Ana e quédase impactado con ela. A moza, que ten unha imaxinación desbordada, namorouse do aposto capitán Salazar, o veterano navegante e conquistador que guiará os barcos ata as novas terras.
A expedición parte cara ao Novo Mundo en tres barcos. Salazar capitanea un deles, a nave San Miguel, no que vai dona Mencía coas doncelas. Durante a travesía, desátase unha gran tormenta que afasta a San Miguel dos outros dous barcos e deixa a nao maltreita e á deriva. A tripulación do barco terá que superar varios obstáculos no seu traxecto para chegar ata o fin da expedición.
Personaxes
Capítulos e audiencias
Temp.
|
Capítulos
|
Estrea
|
Final
|
Audiencia media
|
Espectadores |
Cota
|
|
1
|
6[3]
|
27 de xaneiro de 2014[4]
|
5 de marzo de 2014
|
2 520 000
|
13,2%
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas