Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
El Miño.
El Miño foi un periódico galego que apareceu en Vigo entre 1857 e 1868.
Historia e características
Subtitulado Periódico de comercio e intereses generales, editouse baixo o lema Todo por Galicia. Todo para Galicia e foi dirixido por Juan Compañel, propietario e impresor no seu obradoiro tipográfico da rúa Real nº 14 de Vigo. Manuel Murguía foi un dos seus colaboradores. Aínda que tiña periodicidade bisemanal, pasou a saír tres veces por semana (en xullo de 1868). O equipo redactor era o mesmo que o de La Oliva, ao que sucedeu cando foi suspendido por orde gobernativa en 1857. Continuou a súa liña rexionalista, democrática e progresista, e desapareceu co remate da sanción. Cesou o 1 de outubro de 1868.
Adolfo Calzado Sanjurjo publicou na editora de El Miño a súa novela Alternativas.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos