Eduardo Pazo Álvarez, nado na Estrada o 25 de maio de 1904 e finado en Cidade de México o 23 de outubro de 1971, foi un mestre galego.
Traxectoria
Nado na Estrada en 1904,[1] fillo da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Foi mestre do Salto (Rodeiro) e dende 1928 da Somoza (A Estrada). Foi elixido presidente da Asociación de Mestres da Estrada en 1933.[2]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse auxiliado pola familia ata que logrou saír por Portugal rumbo a Cuba, onde se exiliou. O xuíz militar de Pontevedra emitiu unha requisitoria para a súa presentación xunto con Manuel Coto Chan, Higinio Carracedo Ruzo, José Vila Carbón, Manuel Sanmartín Constela, Manuel Campos Vázquez, José Torres Bermejo, Luciano Louzao e Manuel Pérez Carracedo o 27 de agosto.[3] Foi destituído a finais de agosto de 1936,[4] sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo.[5]
Na Universidade da Habana acadou a licenciatura en Pedagoxía e foi mestre en Santiago de Cuba. Coa caída de Batista en 1959, embarcou para México. Residiu en Cidade de México e volveu ser mestre. Finou en México en 1971.[6]
Vida persoal
Casou na Estrada con María Concepción López Parapar en agosto de 1930,[7] e foi pai de Adela Pazo López.
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 89.
- ↑ El Emigrado, 31-12-1933, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-8-1936, p. 7.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2.
- ↑ Segundo outras informacións finou na Habana a principios de 1972. El Pueblo Gallego, 2-5-1972, p. 8.
- ↑ El Emigrado, 31-7-1930, p. 4.
Véxase tamén
Bibliografía