A City Cup foi unha competición europea de balonmán que se disputou entre as tempadas 1993-94 e 1999-00. Os grandes dominadores desta competición foron os equipos da Handball-Bundesliga de Alemaña, que gañaron seis das sete edicións da competición, coa única excepción da tempada 1995-96, na que os noruegueses do Drammen HK se alzaron co título logo de gañar a final fronte aos alemáns do SG Vfl BHW Hameln. O equipo máis laureado desta competición foi o TuS Nettlstedt alemán, cun total de dous títulos, os dous conseguidos de xeito consecutivo. Na categoría feminina os dominadores foron os equipos alemáns e os romaneses, aínda que ningún equipo foi quen de repetir título.
A partir da tempada 2000-01 foi substituída pola EHF Challenge Cup, sen a participación dos equipos das ligas mellor valoradas na clasificación da EHF, ao estimar que os beneficios económicos obtidos desta nova competición non compensaban os custos dos longos desprazamentos.
Competición masculina
Fases finais
Palmarés por equipos
Palmarés por ligas
Competición feminina
Fases finais
Palmarés por equipos
Palmarés por ligas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas