A Challenge Cup é unha competición entre clubs de balonmáneuropeos disputada anualmente dende o 2000 e organizada pola EHF (European Handball Federation). Nesta competición participan equipos das ligas de menor potencial do continente. Os clubs da Liga ASOBAL (España) e da Handball-Bundesliga (Alemaña) decidiron non participar nesta competición ao reportaren máis perdas económicas dos beneficios que podían obter.
A Challenge Cup substituíu a City Cup a partir da tempada 2000-01, na cal si participaran os equipos españois e alemáns.