A dorsal Central do Índico é unha dorsal central océanica localizada de norte a sur na parte occidental do océano Índico.
A dorsal Central do Índico considérase tradicionalmente que separa a placa africana da placa indoaustraliana. Do mesmo xeito, a zona de fractura de Owen no fin norte da dorsal dise que separa a placa indoaustraliana da placa arábiga. Con todo, os movementos na zona de fractura de Owen son insignificantes, e Arabia e a India móvense como unha única placa.
A dorsal Central do Índico abriuse durante a separación da Mascarene Plateau e a dorsal de Chagos-Laccadive en 38 Ma, ambos produto do punto quente da Reunión, único punto quente coñecido que interactuou coa dorsal Central do Índico. Agora situado a 1100 km da dorsal, o punto quente cruzou a dorsal preto dos paralelos 18-20°S, dende a placa india á africana, en 47 Ma. O punto quente da Reunión inclúe a dorsal de Chagos-Laccadive sobre a placa india que leva ata a costa india occidental onde o novo punto quente produciu as Deccan Traps en 66 Ma.[1][2]
A única estrutura por riba da auga preto da dorsal Central do Índico é a illa Rodrigues, cumio da enigmática dorsal de Rodrigues entre Mauricio e a dorsal.[1] A dorsal de Rodrigues alcanza a dorsal en 19°S a través dunha serie de cordais coñecidos como os tres Reis Magos.[2]