Doctor Sleep (comercializado tamén co título Stephen King's Doctor Sleep) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Mike Flanagan. Baséase na novela homónima de 2013 escrita por Stephen King, unha secuela doutra novela de King, The Shining. O filme, que tamén é unha secuela directa do filme The Shining, dirixido por Stanley Kubrick, está ambientado varias décadas despois dos eventos da historia orixinal e mestura elementos da novela de 1977 tamén. Doctor Sleep foi escrito, dirixido e editado por Mike Flanagan, e está protagonizado por Ewan McGregor como Danny Torrance, un home con habilidades psíquicas que tenta superar os traumas da súa nenez. Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran e Cliff Curtis intepretan os papeis secundarios.[5][6] No filme, un xa adulto Dan Torrance debe protexer unha rapaza con poderes semellantes dun culto coñecido como "The True Knot", que cazan nenos con habilidades psíquicas para permanecer inmortais.
Warner Bros. Pictures comezou a desenvolver unha adaptación cinematográfica de Doctor Sleep pouco despois de que a novela fose publicada no ano 2013. O produtor e guionista Akiva Goldsman escribiu un guión, mais o estudio non asegurou un orzamente para o filme até o éxito de recadación do filme de terror It, que tamén está baseado nunha novela de King. Flanagan foi contratado para reescribir o guión de Goldsman e para dirixir o filme. Flanagan dixo que o filme tentaría reconciliar as diferenzas entre a novela e o filme de The Shining. A rodaxe comezou en setembro de 2018 en Xeorxia, incluíndo Atlanta e as áreas limítrofes, e rematou en decembro de 2018.
Warner Bros. Pictures lanzou Doctor Sleep en todo o mundo a partir do 31 de outubro de 2019, e nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2019. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que louvou as interpretacións e a atmosfera, mais con certas reticencias pola súa duración.[7] Cunha recadación de $72 millóns en todo o mundo, a súa acollida polo público foi considerada decepcionante en comparación co éxito doutras adaptacións de novelas de King como It Chapter Two e Pet Sematary.[8]
Personaxes
Notas
- ↑ Variety, ed. (6 de novembro de 2019). "Can 'The Shining' Sequel 'Doctor Sleep' Awaken the Box Office?". Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (10 de novembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "How 'Doctor Sleep' Went Into A Coma At The B.O. With Dreary $14M+ Opening, Following Surprise $17M+ Attack By 'Midway' – Update". Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ IMDb (ed.). "Doctor Sleep (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Doctor Sleep (2019)". The Numbers. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ YouTube, ed. (8 de setembro de 2019). "Doctor Sleep - Final Trailer [HD]". Warner Bros. Pictures. Consultado o 9 de setembro de 2019.
- ↑ Chitwood, Adam (8 de novembro de 2019). "‘Doctor Sleep’ Ending Explained: Bridging the Gap Between 'The Shining' Book and Film". Collider. Consultado o 25 de decembro de 2019.
- ↑ James Comtois (30 de outubro de 2019). SyFy, ed. "Critics Say Doctor Sleep Runs Long, but Star Rebecca Ferguson Shines". Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ Jeff Ewing (30 de outubro de 2019). "'Charlie's Angels', 'Dark Fate', 'Doctor Sleep'... Examining Surprising Box Office Flops". Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 9,0 9,1 Fleming Jr, Mike (1 de agosto de 2018). Deadline Hollywood, ed. "'Doctor Sleep' Gets Carl Lumbly For Dick Halloran, Alex Essoe For Wendy Torrance". Consultado o 17 de outubro de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas