It Chapter Two é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Andy Muschietti. É a secuela do filme de 2017 It, e ámbolos dous están baseados na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión foi escrito por Gary Dauberman e a historia está ambientada en 2016, 27 anos despois da historia do primeiro filme. Está protagonizado por Jessica Chastain, James McAvoy, Bill Hader, Isaiah Mustafa, Jay Ryan, James Ransone, Andy Bean e Bill Skarsgård, quen retoma o papel como Pennywise.
As conversas sobre a secuela de It comezaron en febreiro de 2016. En setembro de 2017, New Line Cinema anuniciou o seu lanzamento en setembro de 2019, con Dauberman escribindo o guión e Muschietti como director. A fotografía principal comezou o 19 de xuño de 2018, en Pinewood Toronto Studios e en localizacións en Port Hope, Oshawa e Toronto, rematando o 31 de outubro de 2018. O filme foi producido por New Line Cinema, Double Dream, Vertigo Entertainment e Rideback, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures.
It Chapter Two estreouse nos Os Ánxeles o 26 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de setembro de 2019, en formato 2D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou máis de 472 millóns de dólares en todo o mundo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a actuación e as temáticas, mais criticou a súa duración de case 3 horas e os sustos máis débiles comparando coa súa predecesora.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas