O DMSO foi sintetiado por primeira vez en 1866 polo científico ruso Alexander Zaytsev, que informou do seu descubrimento en 1867.[6] O DMSO prodúcese industrialmente a partir de sulfuro de dimetilo (dimetil sulfuro), un subproduto do proceso Kraft, por oxidación con oxíxeno ou dióxido de nitróxeno.[7]
Os grupos metilo do DMSO teñen unha acidez débil, cun pKa = 35. Por esta razón, neste solvente examínanse as basicidades de moitos compostos orgánicos debilmente ácidos.
Relacionado coa súa capacidade de disolver moitos sales, o DMSO é un ligando común en química de coordinación.[10] É ilustrativo o complexo diclorotetraquis(dimetil sulfóxido)rutenio(II) (RuCl2(dmso)4). Neste complexo, tres ligandos DMSO está unidos ao rutenio por medio dun xofre. O cuarto DMSO está ligado por medio de oxíxeno. En xeral, o modo ligado a oxíxeno é máis común.
En solucións de tetracloruro de carbono o DMSO funciona como unha base de Lewis cunha variedade de ácidos de Lewis como I2, fenols, cloruro de trimetiltina, metaloporfirinas, e o dímeroRh2Cl2(CO)4. As propiedades de doante discútense no modelo ECW. A forza relativa de doante do DMSO cara a series de ácidos fronte a outras bases de Lewis, pode ilustrarse por gráficos C-B.[11][12]
Debido ao seu alto punto de ebulición, de 189 °C, o DMSO evapora lentamente á presión atmosférica normal. As mostras disoltas en DMSO non se poden recuperar doadamente en comparación con outros solventes, xa que é moi difícil eliminar toda traza de DMSO por evaporación rotacional convencional. Unha técnica para recuperar completamente mostras é retirar o solvente orgánico por evaporación seguida da adición de auga (para disolver o DMSO) e usar a criodesecación para eliminar tanto o DMSO coma a auga. As reaccións realizadas en solucións de DMSO adoitan ser diluídas con auga para precipitar ou separar por fases os produtos. O punto de conxelación relativamente alto do DMSO (18,5 °C) significa que á, ou xusto por debaixo da, temperatura dunha habitación é sólido, o cal pode limitar a súa utilidade nalgúns procesos químicos (por exemplo, a cristalización cando se arrefría).
Na súa forma deuterada (DMSO-d6), é un útil solvente para espectroscopia RMN, de novo debido á súa capacidade de disolver un amplo rango de analitos, á simplicidade do seu espectro e á súa adecuación para estudos de espectroscopia RMN de alta temperatura. As desvantaxes do uso de DMSO-d6 son a súa alta viscosidade, que alarga os sinais, e a súa higroscopia, que orixina unha enorme resonancia de H2O no espectro 1H-NMR. A miúdo mestúrase con CDCl3 ou CD2Cl2 buscando menores viscosidade e punto de fusión.
O DMSO utilízase como solvente en probas de fármacos in vitro e in vivo.
O DMSO utilízase para disolver compoñentes de tests en programas de cribado in vitro para o descubrimento[16][17] e deseño de fármacos,[18] como os de cribado de alta resolución.[17][18] Isto débese a que pode disolver tanto compostos polares coma apolares,[16][18] pode usarse para manter as solucións stock de compostos de tests (importante cando se traballa cunha gran biblioteca química),[17] é rapidamente miscible con auga e medios de cultivo de células e ten un alto punto de ebulición (isto mellora a exactitude da concentración dos compostos do test ao reducir a evaporación á temperatura dunha habitación).[16] Unha limitación co DMSO é que pode afectar o crecemento e viabilidade de liñas celulares, de modo que con baixas concentracións de DMSO ás veces estimula o crecemento celular e con concentracións altas de DMSO ás veces inhibe ou mata as células.[16]
O DMSO utilízase tamén como vehículo en estudos in vivo de compostos de test. Por exemplo ten sido empregado como cosolvente para axudar á absorción do flavonol glicósidoIcariin no verme nematodoCaenorhabditis elegans.[19] Igual que co seu uso en estudos in vitro, o DMSO ten algunhas limitacións en modelos animais.[20][21] Pode haber efectos pleiotrópicos e, se os grupos de control do DMSO son se planean coidadosamente, entón os efectos do solvente poden ser falsamente atribuídos ao fármaco en estudo.[20] Por exemplo, incluso a moi baixa dose de DMSO este ten un poderoso efecto protector contra a lesión hepática inducida polo paracetamol (acetaminofén) en ratos.[21]
Ademais do xa dito, o DMSO está aumentando o seu uso en procesos de fabricación para producir aparellos microelectrónicos.[22] Utilízase moito para raspar resinas fotosensibles (photoresist) en pantallas de 'panel plano' TFT-LCD e aplicacións de encapsulado de compoñentes electrónicos avanzado (como o encapsulado a nivel de oblea electrónica / estampado de solder bumps). O DMSO é tamén un efectivo decapante, e é máis seguro que moitos dos outros como o nitrometano e o diclorometano.
O DMSO na PCR é aplicable a plásmidos superenrolados (para relaxalos antes da amplificación) ou moldes de ADN con alto contido GC (para diminuír a termoestabilidade). Por exemplo, o 10% de concentración final de DMSO na mestura da PCR con Phusion diminúe a temperatura de annealing dos cebadores (é dicir a temperatura de "fusión" dos cebadores) en 5,5–6,0 °C.[24]
É un composto que causa a detención de forma reversible o ciclo celular na fase G1 de células linfoides humanas.[25]
O DMSO pode tamén usarse como crioprotector, engadido a medios celulares para reducir a formación de xeo e así impide a morte celular durante o proceso de conxelación.[26] Aproximadamente ao 10% pode usarse cun método de conxelación lenta e as células poden ser conxeladas a −80 ªC ou almacenados con seguridade en nitróxeno líquido.
O uso do DMSO en medicina data de 1963, cando un equipo da Escola Médica da Univerdidade de Saúde & Ciencia, encabezada por Stanley Jacob, descubriu que este composto podía penetrar a pel e outras membranas sen danalas e podía transportar outros compostos a un sistema biolóxico. En medicina, o DMSO úsase predominantemente como un analxésico tópico, un vehículo para a aplicación tópica de fármacos, como anti-inflamatorio e antioxidante.[27] Como o DMSO incrementa a velocidade de absoción dalgúns compostos a través dos tecidos biolóxicos, como a pel, é usado nalgúns sistemas de entrega de fármacos transdérmica. Os seus efectos poden ser potenciados coa adición de EDTA. É frecuentemente composto con medicamentos antifúnxicos, o que permite que estes penetren non só na pel senón tamén nas uñas das dedas e dedos.[28]
O DMSO foi examinado para o tratamento de numerosas condicións e trastornos, pero a FDA dos Estados Unidos aprobou o seu uso soamente para o alivio sintomático de pacientes de cistite intersticial.[29] Un estudo de 1978 concluíu que o DMSO supuxo un alivio significativo para a maioría dos 213 pacientes de trastornos inflamatorios xenitourinarios que foron estudados.[30] Os autores recomendaron o DMSO para condicións inflamatorias xenitourinarias non causadas por infeccións ou tumores nas cales os síntomas eras graves ou os pacientes non respondían á terapia convencional.
En radioloxía intervencionista, o DMSO é utilizado como solvente do alcohol EVOH (ethylene vinyl alcohol) no axente embólico líquido Onyx, que se usa en embolización, a oclusión terapéutica de vasos sanguíneos.
En criobioloxía o DMSO foi utilizado como crioprotector e é un importante constituínte de mesturas de vitrificación crioprotectoras usadas para conservar órganos, tecidos e suspensións de células. Sen el ata o 90% das células conxeladas quedarían inactivas. É especialmente importante na conxelación e almacenamento a longo prazo de células nais embrionarias e células nais hematopoéticas, que adoitan conxelarse nunha mestura de 10% de DMSO, un medio de conxelación e un 30% de soro fetal bovino. Na conxelación crioxénica de liñas celulares heteroploides (MDCK, Vero, etc.) úsase unha mestura de 10% DMSO con 90% de EMEM (70% de EMEM + 30% de soro fetal bovino + mestura de antibióticos). Como parte dun transplante de medula óseaautólogo o DMSO é re-infundido xunto coas células nais hematopoéticas do propio paciente.
O DMSO é metabolizado por desproporcionación a sulfuro de dimetilo e dimetil sulfona. É excretado polos riles e pulmóns. Un posible efecto lateral do DMSO é a elevación de sulfuro de dimetilo no sangue, que pode causar un síntoma de halitose orixinado polo sangue.
Medicina alternativa
O DMSO véndese como unha medicina alternativa. A súa popularidade como remedio alternativo afírmase que empezou cun documental da serie 60 Minutes en 1980 que presentou un dos primeiros defensores.[31] Porén, o DMSO é un ingrediente nalgúns produtos que están na lista da FDA norteamericana como curas falsas para o cancro[32] e a FDA librou unha intensa batalla contra os distribuidores.[31] Un de ditos distribuidores é Mildred Miller, que promoveu o DMSO para diversos trastornos e foi como consecuencia condenada xudicialmente por fraude a Medicare.[31]
O uso do DMSO como tratamento alternativo para o cancro é especialmente preocupante, xa que interfire con diversos fármacos de quimioterapia, como o cisplatino, o carboplatino e o oxaliplatino.[33] Hai evidencias insuficientes para soster a hipótese de que o DMSO ten algún efecto,[34] e a maioría das fontes están de acordo en que a súa historia de efectos laterais cando se somete a test garantizan recomendar precaución cando se usa como suplemento dietario, polo cal nos Estados Unidos é comercializado cunha clara advertencia na etiqueta que di: "Estas afirmacións non foron avaliadas pola Administración de Fármacos e Alimentos (FDA). Este produto non ten como fin facer diagnósticos, tratar, curar ou previr ningunha doenza...".
Veterinaria
O DMSO é comunmente usado en veterinaria como linimento para cabalos, só ou en combinación con outros ingredientes. No último caso, a míudo a función que se pretende para o DMSO é a de solvente, para que transporte os outros ingredientes a través da pel. Tamén en cabalos, o DMSO utilízase por vía intravenosa, só ou en combinación con outros fármacos. Utilízase el só para o tratamento do aumento da presión intracranial ou cerebral en cabalos.[35]
Gusto
O gusto a allo percibido por contacto coa pel co DMSO pode deberse á activación non olfactoria dos receptores TRPA1 nos ganglios trixéminos.[36] A diferenza dos disulfuros de dimetilo e de dialilo (que realmente teñen un cheiro que lembro ao allo), os mono- e tri- sulfuros (que tipicamente teñen desagradables fedores) e compostos de xofre odoríferos similares, o DMSO puro é inodoro.
Seguridade
Toxicidade
O DMSO é un solvente non tóxico cunha dose letal media maior que a do etanol (DMSO: LD50, oral, rata, 14,500 mg/kg;[37][38] etanol: LD50, oral, rata, 7,060 mg/kg[39]).
Os ensaios clínicos iniciais co DMSO foron interrompidos debido a cuestións sobre a súa seguridade, especialmente sobre a súa capacidade de danar os ollos. Os efectos laterais dos que se informa máis habitualmente inclúen dores de cabeza e queimaduras e proídos en contacto coa pel. Tamén se informou de fortes reaccións alérxicas.[40] O DMSO pode causar que contaminantes, toxinas e medicinas se absorban a través da pel, o cal pode causar efectos inesperados. Pénsase que o DMSO incrementa os efectos de anticoagulantes do sangue, esteroides, medicinas para o corazón, sedantes e outros fármacos. Nalgúns dos casos isto podería ser daniño e perigoso.[41]
En Australia está na lista das Schedule 4 (S4) Drugs, e unha empresa foi procesada xudicialmente por engadilo aos seus produtos como conservante.[42]
Como o DMSO penetra facilmente na pel, as substancias disoltas en DMSO poden ser absorbidas rapidamente. A selección de luvas é importante, pois, cando se traballa con DMSO. Recoméndanse luvas de caucho butílico, fluoroelastómero, neopreno ou de latex (de 0,4 mm de grosor).[43] As luvas de nitrilo, que son de uso moi común nos laboratorios, poden protexer dun breve contacto pero degrádanse rapidamente coa exposición ao DMSO.[44]
O 9 de setembro de 1965, The Wall Street Journal informou que un fabricante deste composto químico advertiu da morte dunha muller irlandesa que despois de ser tratada con DMSO por unha torcedura de pulso puido ter finado debido ao tratamento, aínda que non se fixo autopsia nin se estbleceu unha relación causal.[45] As investigacións clínicas que usaban DMSO foron paralizadas e non empezaron de novo ata que a Academia Nacional das Ciencias (NAS) dos Estados Unidos publicou descubrimentos favorables ao DMSO en 1972.[46] En 1978, a FDA norteamericana aprobou o uso do DMSO para tratar a cistite intersticial. En 1980 o Congreso dos Estados Unidos tivo unha sesión sobre queixas de que a FDA estaba sendo lenta para aprobar o DMSO para outros usos médicos. En 2007, a FDA deulle a designación de "vía rápida" aos estudos cñinicos sobre o uso do DMSO para reducir o inchamento do tecido cerebral despois dunha lesión cerebral traumática.[46] A exposición ao DMSO de cerebros de ratos en desenvolvemento pode producir a dexeneración cerebral. Esta neurotoxicidade podía detectarse a doses tan baixas como 0,3mL/kg, un nivel que se superaba en nenos expostos ao DMSO durante un transplante de medula ósea.[47]
O DMSO aplicado a cloacas podía causar tamén problemas de cheiros nos efluentes municipais: as bacterias que vivían nas augas residuais transformabna o DMSO en condicións hipóxicas (ou anóxicas) en sulfuro de dimetilo (DMS) que ten un forte e desagradable cheiro, similar ao do repolo podre.[48] Porén, o DMSO quimicamente puro é inodoro porque carece de enlaces C-S-C (sulfuro) e C-S-H (mercaptano). A desodorización do DMSO conséguese eliminando as impurezas cheirentas que contén.[49]
O DMSO pode descompoñerse á temperatura de ebulición de 189 °C a presión normal, o que leva posiblemente a unha explosión. A descomposición é catalizada por ácidos e bases e, por tanto, pode ser relevante incluso a temperaturas menores. Unha forte reacción explosiva tamén ten lugar cando se combina con compostos halóxenos, nitruros de metais, percloratos de metais, hidruro de sodio, ácido periódico e axentes fluorantes.[50]
↑Matthews WS, Bares JE, Bartmess JE, Bordwell FG, Cornforth FJ, Drucker GE, Margolin Z, McCallum RJ, McCollum GJ, Vanier NR (1975). "Equilibrium acidities of carbon acids. VI. Establishment of an absolute scale of acidities in dimethyl sulfoxide solution". J. Am. Chem. Soc.97 (24): 7006–7014. doi:10.1021/ja00857a010.
↑Thomas R, Shoemaker CB, Eriks K (1966). "The Molecular and Crystal Structure of Dimethyl Sulfoxide, (H3C)2SO". Acta Crystallogr21: 12–20. doi:10.1107/S0365110X66002263.
↑von Demselben (1867). "Ueber die Einwirkung von Saltpetersäure auf Schwefelmethyl und Schwefeläthyl" [On the effect of nitric acid on methyl sulfide and ethyl sulfide]. En Erlenmeyer, E.; Rieckher, T.; Volhard, J.; Liebig, J.; Wöhler, F. Annalen der Pharmacie. Annalen der Pharmacie (en alemán). Meyer ; Winter. p. 148.
↑Roy, Kathrin-Maria (15 de xuño de 2000). "Sulfones and Sulfoxides". Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry. Weinheim, Germany: Wiley-VCH Verlag GmbH & Co. KGaA. doi:10.1002/14356007.a25_487.
↑Calligaris M (2004). "Structure and bonding in metal sulfoxide complexes: An update". Coordination Chemistry Reviews248 (3–4): 351–375. doi:10.1016/j.ccr.2004.02.005.
↑ 17,017,117,2Ilouga PE, Winkler D, Kirchhoff C, Schierholz B, Wölcke J (novembro de 2007). "Investigation of 3 industry-wide applied storage conditions for compound libraries". Journal of Biomolecular Screening12 (1): 21–32. PMID17099243. doi:10.1177/1087057106295507.
↑ 18,018,118,2Balakin KV, Savchuk NP, Tetko IV (2006). "In silico approaches to prediction of aqueous and DMSO solubility of drug-like compounds: trends, problems and solutions". Current Medicinal Chemistry13 (2): 223–241. PMID16472214. doi:10.2174/092986706775197917.
↑ 21,021,1Kelava T, Cavar I, Čulo F (outubro de 2010). "Influence of small doses of various drug vehicles on acetaminophen-induced liver injury". Can J Physiol Pharmacol88 (10): 980–87. PMID20962895. doi:10.1139/Y10-065.
↑
Sawai M, Takase K, Teraoka H, Tsukada K (1990). "Reversible G1 arrest in the cell cycle of human lymphoid cell lines by dimethyl sulfoxide". Exp. Cell Res.187 (1): 4–10. PMID2298260. doi:10.1016/0014-4827(90)90108-m.
↑
Pegg, DE (2007). "Principles of Cryopreservation". En Day JG, Stacey GN. Cryopreservation and Freeze-Drying Protocols. Cryopreservation and Freeze-Drying Protocols, Second Edition. Methods in Molecular Biology 368 (Humana Press). pp. 39–57. ISBN978-1-58829-377-0. ISSN1064-3745. PMID18080461. doi:10.1007/978-1-59745-362-2_3.
↑Douwes, R. A., & van der Kolk, J. H. (1998). Dimethylsulfoxide (DMSO) bij het paard: een literatuuroverzicht [Dimethylsulfoxide (DMSO) in horses: a literature review]. Tijdschrift voor diergeneeskunde, 123(3), 74–80. PMID: 9537081
↑Kollerup Madsen B, Hilscher M, Zetner D, Rosenberg J. Adverse reactions of dimethyl sulfoxide in humans: a systematic review. F1000Res. 2018 Nov 5;7:1746. doi: 10.12688/f1000research.16642.2. PMID 31489176 ; PMCID: PMC6707402.
↑
Carley W (9 de setembro de 1965). "DMSO may have caused death of woman, makers of 'Wonder' drug warn doctors". The Wall Street Journal (New York City).
↑Glindemann D, Novak J, Witherspoon J (xaneiro de 2006). "Dimethyl sulfoxide (DMSO) waste residues and municipal waste water odor by dimethyl sulfide (DMS): the North-East WPCP plant of Philadelphia". Environmental Science and Technology40 (1): 202–207. Bibcode:2006EnST...40..202G. PMID16433352. doi:10.1021/es051312a.
↑George Kvakovszky, et al., "Process for preparing low malodorous dimethyl sulfoxide", US patent application number 20090005601 (2009).
↑Roth, Lutz; Weller, Ursula (agosto de 2000). Gefährliche Chemische Reaktionen [Dangerous Chemical Reactions]. Ecomed Sicherheit (en alemán). Landsberg/Lech: Verlagsgruppe Hüthig Jehle Rehm. ISBN3-609-73090-0. CD-ROM: ISBN3-609-48040-8
Véxase tamén
Outros artigos
Diversas oxidacións do xofre
Dimetil sulfuro (DMS), o correspondente sulfuro, tamén producido polo fitoplancto mariño e emitido á atmosfera oceánica, onde é oxidado a DMSO, SO2 e sulfato
Dimetil sulfona, normalmente coñecido como metilsulfonilmetano (MSM), un composto relacionado que se adoita comercializar como suplemento dietario
Compostos relacionados con metilo unido ao oxíxeno
Awilda Awilda (5e eeuw) was een vrouwelijke zeerover uit Scandinavië. Niet alle historici zijn het erover eens of zij werkelijk heeft bestaan, of dat zij misschien een legende is. Awilda was de dochter van een Scandinavische koning. Toen haar vader voor haar een huwelijk had geregeld met de kroonprins van Denemarken met de naam Alf, weigerde de rebelse Awilda. Zij en een aantal andere vrouwen verkleedden zich als zeelui, en vertrokken met een schip naar de Oostzee. Onderweg kwamen zij een pi...
Union LuxembourgDatos generalesNombre Union Sportive LuxembourgApodo(s) UnionFundación 1908Desaparición 2005 (97 años)InstalacionesEstadio Stade Achille HammerelCapacidad 5814Ubicación Luxemburgo, Luxemburgo Titular Alternativo Última temporadaLiga Division Nationale(2004-05) 11º (descendido)Títulos 6 (por última vez en 1991-92)Copa Copa de Luxemburgo(2004-05) Cuartos de FinalTítulos 10 (por última vez en 1995-96) [editar datos en Wikidata] El Union Sportive...
Implan biosensor medis untuk memantau glukosa yang diletakkan pada jaringan subkutan (berukuran 59x45x8 mm). Komponen elektronik seperti pengendali mikro, sirkuit terpadu radio, dan sebagainya, tertutup rapat dalam selubung titanium, sementara antena berbentuk cincin dan sensor probe paling atas dicetak ke header epoksi transparan. Biosensor atau sensor hayati adalah perangkat analisis yang menggabungkan komponen hayati dengan pendeteksi fisikokimia untuk mendeteksi zat kimia tertentu,[1&...
Valgrisenche gmina Herb Państwo Włochy Region autonomiczny Dolina Aosty Kod ISTAT 007068 Powierzchnia 113,28 km² Wysokość 1 664 m n.p.m. Populacja (I 2009)• liczba ludności 188 • gęstość 1,66 os./km² Numer kierunkowy 0165 Kod pocztowy 11010 Położenie na mapie Doliny AostyValgrisenche Położenie na mapie WłochValgrisenche 45°38′N 7°04′E/45,633333 7,066667 Multimedia w Wikimedia Commons Strona internetowa Ratusz Valgrisenche – ...
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. PT. Cipta Pesona MayapadaYumeLiveYumeLive EntertainmentSebelumnyaYume Reality (19 Juli 2020-8 Januari 2023)JenisPerusahaan tertutupIndustriAgensi virtual youtuber EntertainmentGenreVirtual YoutuberDidirikan19 Juli 2020; 3 tahun lalu (2020-07-19) ...
artikel berbunyi seperti sebuah rilis pers atau artikel berita dan tergantung pada liputan jurnalistik rutin atau sensasionalisme. Harap mengembangkan artikel ini dengan sumber yang tepercaya dan patut untuk memenuhi pedoman gaya Wikipedia. Artikel ini adalah bagian dari seri tentangPengobatan alternatif dan semu Informasi umum Pengobatan alternatif Perdukunan Sejarah pengobatan alternatif Kebangkitan pengobatan modern Ilmu semu Pengobatan semu Antisains Skeptisisme Gerakan skeptis Kedok...
Myōkō-class heavy cruiser For other ships with the same name, see Japanese ship Haguro. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article may need to be rewritten to comply with Wikipedia's quality standards. You can help. The talk page may contain suggestions. (December 2013) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline cit...
Israeli football club For the basketball club, see Hapoel Tel Aviv B.C. Football clubHapoel Tel AvivFull nameHapoel Tel Aviv Football ClubNickname(s)HapoelThe RedsThe Red DevilsShort nameHTAFounded1923; 100 years ago (1923)GroundBloomfield Stadium, Tel Aviv, IsraelCapacity29,400OwnerTel Aviv Football PartnersHead coachBorja LemaLeagueIsraeli Premier League2022–23Israeli Premier League, 10th of 14WebsiteClub website Home colours Away colours Third colours Hapoel Tel Aviv Fo...
German animation studio and YouTube channel KurzgesagtKurzgesagt – In a NutshellKurzgesagt's logo, a minimalist representation of EarthPronunciation/ˌkʊərtsɡəˈzɑːkt/ FormationJuly 10, 2013; 10 years ago (2013-07-10)FounderPhilipp DettmerTypePrivatePurposeEdutainment Teaching Inspiring Raising-AwarenessHeadquartersMunich, Germany[1]LocationGermanyFieldsScienceSpaceTechnologyBiologyHistoryPhilosophyPhysicsOfficial language EnglishGermanFrenchSpanishPortu...
For the concert video by Mike Oldfield, see Exposed (Mike Oldfield video). 1979 live album by Mike OldfieldExposedLive album by Mike OldfieldReleased27 July 1979 (1979-07-27)RecordedMarch–April 1979GenreProgressive rockLength97:31LabelVirginProducerPhilp R. Newell & Mike OldfieldMike Oldfield chronology Incantations(1978) Exposed(1979) Platinum(1979) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1]Smash Hits6/10[2] Exposed is the first live...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Sayyid – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Sayyid (bahasa Arab: سيد) (jamak: Sādah, bahasa Arab: سادة) (Bahasa Indonesia: Tuan) adalah gelar kehormatan yang diberikan kepada orang...
Ver artigo principal: Artur Timóteo da Costa Artur Timóteo da Costa. Esta é uma lista não exaustiva de pinturas de Artur Timóteo da Costa (1882-1922). Artur Timóteo da Costa foi um pintor, desenhista, cenógrafo, entalhador e decorador brasileiro. Iniciou os seus estudos de desenho e gravação na Casa da Moeda. Juntamente com seu irmão João Timóteo da Costa (1879-1930) ingressou em 1894 na Escola Nacional de Belas Artes (Enba) aonde frequentou as aulas ministradas de por Daniel ...
Biographical film about Winston Churchill in the years just prior to World War II The Gathering StormScreenplay byHugh Whitemore (teleplay)Story byLarry RaminHugh WhitemoreDirected byRichard LoncraineStarringAlbert FinneyVanessa RedgraveTheme music composerHoward GoodallCountry of originUnited KingdomUnited StatesOriginal languageEnglishProductionProducersFrank DoelgerDavid M. ThompsonCinematographyPeter HannanEditorJim ClarkRunning time96 minutesProduction companiesHBO FilmsBBC FilmsScott Fr...
United States historic placeOld Town HallU.S. National Register of Historic Places Old Town Hall, January 2010Show map of DelawareShow map of the United StatesLocation512 Market St., Wilmington, DelawareCoordinates39°44′30″N 75°33′00″W / 39.741580°N 75.550134°W / 39.741580; -75.550134Arealess than one acreBuilt1798 (1798)Architectural styleGeorgian, FederalNRHP reference No.74000605[1]Added to NRHPDecember 31, 1974 Old Town Hall ...
Faculdade Cásper LíberoTypePrivateEstablishedMay 16, 1947PresidentWelington AndradeAddressAv. Paulista, 900, São Paulo, BrazilLanguagePortugueseWebsitecasperlibero.edu.br Faculdade Cásper Líbero (FCL) is a private college in São Paulo, Brazil. Founded in 1947 by Brazilian journalist Cásper Líbero, it is the oldest journalism school in Latin America. The university offers courses on journalism, broadcasting, advertising and public relations. Faculdade Cásper Líbero is a leading commu...
Gregorius Palamas Gregorius Palamas dikenal sebagai seorang tokoh pengusung Teologi Hesikhasme.[1] Hesikhasme berasal dari kata bahasa Yunani hesykia yang berarti keheningan, kesepian, istirahat.[1] Ini adalah sebuah tradisi spiritual yang sudah ada sejak zaman gereja purba.[1] Tujuannya adalah untuk mencapai keheningan batin sehingga dapat tiba para perenungan akan Allah.[1] Gregorius Palamas lahir pada akhir abad ke-13.[1] Ia belajar untuk menjadi seo...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Den of Lions – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2023) (Learn how and when to remove this template message) 2003 American filmDen of LionsDen of Lions DVD coverDirected byJames BruceWritten byJames BruceFreddy DeaneProduced byDaphne Lerner Vár...
The lands administrative divisions of Western Australia refer to subdivisions of the state of Western Australia for cadastral (land title) purposes, most of which have been in place since the 19th century. The state is divided up for this purpose into five land divisions, which in turn are subdivided into land districts, which correspond to counties in other Australian states. These districts are then subdivided further into numbered locations, as well as gazetted townsites. Together, they fo...
This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Anne of Green Gables: The Continuing Story – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2021) (Learn how and when t...
Island in West Sumatra, Indonesia This article is about an island. For the technology company, see Sipura Technology. SiporaGeographyLocationSouth East AsiaCoordinates2°11′S 99°38′E / 2.183°S 99.633°E / -2.183; 99.633ArchipelagoMentawai IslandsArea651.55 km2 (251.56 sq mi)AdministrationIndonesiaProvinceWest SumatraRegencyMentawai IslandsDemographicsPopulation21,901 (2020 Census)Pop. density35.49/km2 (91.92/sq mi) Sipora (Indonesian: Sipora o...