Dialecto mineiro

Minas Gerais no Brasil.
Mapa de Minas Gerais. Dialecto mineiro ao centro e sueste.

O mineiro ou montanhês é o dialecto do portugués brasileiro que se fala na rexión central do estado de Minas Xerais.

Demografía

Esta variante ocupa unha superficie que se corresponde grosso modo coa contorna do Quadrilátero Ferrífero, incluíndo a fala da capital, Belo Horizonte, e cidades históricas (Ouro Preto (capital de 1720 a 1897), Mariana (primeira cidade), Sabará, Diamantina, Tiradentes, São João del-Rei, Congonhas, Serro, Caeté).

Características

É un dos dialectos máis facilmente distinguibles do portugués brasileiro.[1][2][3]

O dialecto mineiro hai que distinguilo doutros dous dialectos que se falan no estado pero que xurdiron noutras unidades da federación: o dialecto caipira (paulista), que abarca zonas do interior de São Paulo, sur, suroeste e Triângulo de Minas Gerais, ao sur de Goiás, ao norte de Paraná e ao leste de Mato Grosso do Sul; e o dialecto bahiano, que abrangue o norte de Minas Gerais e a maior parte do estado de Baía.

O primeiro estudo lingüístico centrado especificamente no estado de Minas Gerais foi o Esboço de um Atlas Linguístico de Minas Gerais (EALMG), realizado pola Universidade Federal de Juiz de Fora en 1977.

Notas

  1. "Pseudolinguista: Mapa dos sotaques em Minas Gerais". Pseudolinguista. Consultado o 2022-06-15. 
  2. Mendes, Gláucia. "Diversidade da fala mineira é tema de pesquisa na UFLA". Portal UFLA (en portugués). Consultado o 2022-06-15. 
  3. Paes, Maria Helena Soares (2014-11-11). "A variável (R) em coda silábica medial no Bairro Várzea, em Lagoa Santa/MG". 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!