Emiliano Augusto Cavalcanti de Albuquerque , nado en Río de Xaneiro o 6 de setembro de 1897 , e finado ibídem o 26 de outubro de 1976 , máis coñecido como Di Cavalcanti , foi un pintor modernista , deseñador, ilustrador , muralista e caricaturista brasileiro . A súa arte contribuiu significativamente para distinguir a arte brasileira de outros movementos artísticos da súa época, através das súas recoñecidas cores vibrantes, formas sinuosas e termas típicamente brasileiros como o carnaval, mulatas e tropicalismos en xeral. As súas principais obras son: Samba , Músicos , Cinco moças de Guaratinguetá , Mangue , Pierrete , Pierrot , As Mulatas , entre outras.
Di Cavalcanti no Museo de Arte de São Paulo (MASP), 1965
Di Cavalcanti é, xuntamente con outros grandes nomes da pintura como Anita Malfatti e Tarsila do Amaral , un dos máis ilustres respresentantes do modernismo brasileiro. [ 1]
Mural de Di Cavalcanti na fachada do Edificio Triângulo, en São Paulo , Brasil . O edificio foi deseñado en 1955 por Oscar Niemeyer .
Cronoloxía
Obras principais
Pierrete - 1922
Pierrot - 1924
Samba - 1925
Mangue - 1929
Cinco moças de Guaratinguetá - 1930
Mulheres com frutas - 1932
Família na praia - 1935
Vênus - 1938
Ciganos - 1940
Mulheres protestando - 1941
Arlequins - 1943
Gafieira - 1944
Colonos - 1945
Abigail - 1947
Aldeia de Pescadores - 1950
Nu e figuras - 1950
Retrato de Beryl - 1955
Tempos Modernos - 1961
Tempestade - 1962
Retrato de Marina Montini - década de 1960
Duas Mulatas - 1964
Músicos - 1963
Ivette - 1963
Rio de Janeiro Noturno - 1963
Mulatas e pombas - 1966
Baile Popular - 1972
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas