A Deutsch-Galicischen Gesellschaft (DGG) (Asociación Galego Alemá) é unha asociación fundada en novembro de 1993 con sede na Universidade de Tréveris, ligada ao Galicien-Zentrum, primeiro denominado Dokumentationsstelle Galicie, desa universidade. O seu primeiro, e actual, presidente é Dieter Kremer. Entre 2003 e 2006 o seu presidente foi Alf Monjour [1]. Conta como presidente de honra a Ramón Lorenzo [2].
O obxectivo do DGG é fomentar a investigación científica en cooperación co Galicien-Zentrum da Universidade de Trier. Promove cursos de lingua galega, manifestacións artísticas e culturais en universidades, institucións e outros lugares axeitados. Para a difusión e apoio da investigación no campo dos estudos galegos publica dende 1996[3] a revista científica biligüe Galicien-Magazin e tamén conta cunha biblioteca centrada na cultura galega. Para os seus fins colabora estreitamente coa Universidade de Santiago de Compostela. Para darse a coñecer realiza regularmente o Galicien-Tag, presentando resultados de investigacións e estudos sobre Galicia e a lingua galega.