Henry Cohen , autor de Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain
Co título completo de Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain, communément appelées Médailles impériales ("Descrición histórica das moedas cuñadas no Imperio Romano , comunmente chamadas medallas imperiais") publicouse en nove volumes, entre 1859 e 1868 , o magnum opus do numismático francés Henry Cohen sobre a moeda romana do período imperial .[ 1] [ 2] [ 3]
Relevancia no seu contexto
Esta obra, elaborada ao longo dunha década polo bibliotecario e investigador do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia , é un catálogo de moedas imperiais romanas inventariadas na súa época, que abrangue desde Pompeio ata Rómulo Augústulo .[ 4]
Desde o momento da súa publicación converteuse na referencia dos estudos de numismática dese período, durante a fin do século XIX e unha parte do século XX , cando se viu desprazada por unha nova obra magna, en 13 volumes, titulada The Roman Imperial Coinage , publicada entre 1923 e 1994 . Esta obra, que abrangue desde a Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade tardía (491 d. de C. ), aínda tomando como punto de partida a de Cohen, supuxo un avance metodolóxico , xa que, Mentres Cohen clasificara as moedas por emperador , e despois por orde alfabética da lenda , sen indicación ningunha dos obradoiros monetarios , na nova obra, iniciada por Mattingly e Sutherland , se daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.[ 5]
Estrutura da obra e edicións
Edicións
Hai dúas edicións deste catálogo no século XIX. A seguir, indícanse os anos de edición de cada volume e achéganse ligazóns para o acceso en liña a cada un:
Estrutura
O catálogo está composto por oito volumes mais unha táboa de emperadores:[ 6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas